[vc_row css=”.vc_custom_1525371413030{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Concello de Oleiros presenta alegacións contra a instalación da planta de residuos tóxicos na dársena de Oza
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371425129{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O Concello de Oleiros remitiu un documento á Xunta de Galicia para impedir a instalación dunha planta de tratamento de residuos no porto pesqueiro de Oza. No documento explícase que a ubicación desta planta supón un grave risco para os bancos de produción marisqueira da ría do Burgo, un atentado ecolóxico contra as praias de Oza, Santa Cristina e Bastiagueiro e un atentado tamén contra os valores do patrimonio de Galicia (Igrexa de Oza).
O Plan de utilización dos espazos portuarios da Coruña non permite a instalación dunha planta deste tipo na dársena de Oza. O proxecto non detalla cales son as plantas de tratamento autorizado onde se prevé verter os residuos MARPOL e os aceites almacenados, que estarán á intemperie. Tampouco se dan detalles, nin se concretan protocolos, nin alarmas, nin medidas de prevención nin de control ante posibles accidentes. Ademais, supéranse as 100 toneladas e é obrigatoria a apertura dun procedemento de impacto ambiental ordinario para outorgar a licenza.
No caso de que a Xunta de Galicia non estime as alegacións presentadas polo Concello de Oleiros e continúe co proceso, o Goberno municipal ten previsto recorrer aos tribunais. “A nosa loita vai ser continua para que non se instale aí esa planta. Ademais, hai que lembrar que a empresa que quere levar adiante esta operación é a mesma que hai uns anos recollía os aceites no porto da Coruña e logo os botaba polo sumidoiro en Icaria”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]