O Concello de Oleiros financia o gasto do comedor escolar dos nenos e nenas en situación de vulnerabilidade

_J4A1586 (2) (1)

Igual que en cursos anteriores, todos os nenos e nenas de Oleiros de familias en situación de vulnerabilidade terán cuberto polo Concello o 100% do gasto do comedor escolar. O martes as ANPA dos colexios públicos que xestionan os comedores asinarán o convenio co Concello que fará posible esta acción, coa que pretendemos garantir a cobertura das necesidades básicas da súa alimentación.

Inicialmente, tendo en conta o gasto de anos anteriores, destínanse 35.000 euros, que en caso de resultar insuficiente incrementarase. A maiores, o Concello dispón doutra liña de subvencións para os gastos de comedor das familias dos nenos e nenas que non estando nunha situación económica tan adversa precisen axuda para facilitar a conciliación familiar.

 

Novas relacionadas