[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Concello de Oleiros demanda ao Goberno que unha veciña de Dorneda atrapada en Ecuador poida regresar
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Lorena Peralta e o seu fillo de dous anos, ambos veciños de Dorneda, levan atrapados sen poder saír de Ecuador desde o pasado 1 de abril, para cando tiñan contratado un billete coa compañía aérea Iberia que foi anulado polo Estado de alarma. Igual que decenas de cidadáns e cidadás españois, quedou fóra dos voos de repatriación que houbo durante estas semanas -incluído o do pasado luns 4 de maio-, estando previsto que o seguinte sexa o 2 de xullo.
A embaixada española en Quito e o consulado ecuatoriano en Vigo non están a atender nin a informar as persoas atrapadas en Ecuador. Simplemente emiten unha contestación tipo, chea de evasivas, desamparando por completo a cidadanía, que ten unha necesidade urxente de regresar aos seus respectivos domicilios. No caso concreto da veciña de Oleiros precisa reincorporase de maneira urxente á súa actividade laboral para poder conseguir ingresos económicos cos que pagar hipoteca, cota de autónomos, taxas, etc…
O Concello de Oleiros reclama que o Ministerio de Asuntos Exteriores informe a todas as persoas afectadas sobre a situación. Dada a urxencia dos retornos e o elevado número de cidadáns e cidadás que están en Ecuador agardando por un voo a España, o Goberno debería fretar os avións necesarios e realizar as repatriacións.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]