O Concello de Oleiros defenderá o dereito do alumnado a estudar nos institutos do municipio

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros defenderá o dereito do alumnado a estudar nos institutos do municipio

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros vai loitar ante a Consellería de Educación para que ningún rapaz ou rapaza de Oleiros que se incorpore o próximo curso á educación secundaria quede sen praza nos institutos de Oleiros. O Concello demanda que o alumando de Oleiros teñan prioridade nas matriculacións dos centros de ensino do municipio.

O Concello considera que as prazas vacantes si poden ser ocupadas por alumnos e alumnas doutros municipios, pero sempre con prioridade para os e as oleirenses. “Nós non dicimos que se nun colexio hai por exemplo 15 vacantes que non poidan vir rapaces da comarca, faltaba máis. Pero en Culleredo, Sada, Arteixo, Cambre, etc… se teñen máis demanda terán que facer o mesmo que fixemos nós ao longo dos anos. Pero claro é máis fácil cargar un autobús en vez de facer un novo colexio. Por que? Porque eses Concellos non poñen a disposición da Xunta os terreos necesarios”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

“Nos demais concellos limítrofes non fixeron os institutos que necesitan, porque para facer unha escola o primeiro é ter un solar, despois ter os servizos e por último pedir á Xunta que o acepte, e loitar para que o constrúan. Nós conseguimos os solares, puxemos os servizos e logramos que a Xunta os realizara, pensando nos veciños e veciñas de Oleiros”, dixo o alcalde.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!