parque

O Concello de Oleiros contrata as obras de creación do novo parque costeiro entre As Galeras e Bastiagueiro

O Concello de Oleiros adxudicou por importe de 479.268,90 euros as obras de creación dun novo parque costeiro entre o actual das Galeras e a praia de Bastiagueiro. As empresas Sergonsa e López Cao serán as encargas de realizar este proxecto.

Esta actuación do Concello de Oleiros conta cunha achega da Deputación da Coruña de 130.000 euros. No proxecto está prevista a ordenación de todo o ámbito, de 70.000 metros, coa plantación de árbores e céspede, creación de sendas, instalación de mobiliario urbano e construción dun aparcadoiro público.

Novas relacionadas