O Concello de Oleiros becará a mozos e mozas universitarios da Palma afectados polo volcán

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros becará a mozos e mozas universitarios da Palma afectados polo volcán

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O pasado 19 de setembro comezou a erupción volcánica na Illa da Palma. A cobertura mediática inicial foi máxima e estivo acompañada de compromisos de axudas e cooperación por parte de diferentes organismos. Pasaron os meses, os focos apagáronse e no esquecemento dos grandes medios e dalgunhas institucións quedaron as persoas que seguen a sufrir consecuencias terribles polos danos causados polo volcán.

Para poder contribuír da mellor maneira posible á recuperación social e económica das zonas máis afectadas da illa, o Goberno de Alternativa dos Veciños estivo desde o mes de novembro en contacto cos municipios máis afectados para establecer un programa de cooperación, que finalmente se realizará co Ayuntamiento de Tazacorte. Así, o Concello de Oleiros vai destinar 10.000 euros para que se concedan becas a mozos e mozas do municipio que realizan estudos universitarios. Debido aos graves danos materiais ocasionados pola erupción volcánica da Illa da Palma en Tazacorte, moitas familias perdérono absolutamente todo, o que provoca todo tipo de penalidades que lles obrigan, entre outras cousas, a renunciar a continuar cos seus estudos académicos por falta de recursos económicos.

As axudas concedidas por outras administracións non contemplan as subvencións para os gastos dos estudantes que, debendo desprazarse fóra da illa para facer unha carreira, vense abocados a abandonar os estudos porque as súas familias perderon o seu medio de vida, a súa vivenda, ou ambas. Desta maneira, o Goberno de Alternativa dos Veciños pretende cooperar para que aqueles mozos e mozas da Palma que están estudando poidan continuar formándose para dispoñer dunha oportunidade de acadar un futuro mellor.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!