O orzamento do Concello de Oleiros para 2019 supera os 30 millóns de euros

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O orzamento do Concello de Oleiros para 2019 supera os 30 millóns de euros

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text] Alternativa dos Veciños aprobará o vindeiro 31 de xaneiro o orzamento do Concello de Oleiros para o ano 2019. O documento, que será aprobado no pleno da próxima semana, ascende ata a cantidade de 30.114.721 euros, o que supón un incremento en relación a 2018 do 7,55%.

No capítulo de gastos destacan dúas partidas, a de persoal e a de bens correntes. O Concello de Oleiros ten previsto gastar en recursos humanos 10,2 millóns e no mantemento de servizos e infraestruturas 12,5 millóns, para seguir mantendo a calidade dos equipamentos públicos e dos programas de servizos sociais, culturais e educativos.

Con anterioridade á elaboración deste documento, o Goberno municipal dirixiuse por carta aos colectivos de maior entidade do municipio para atender posibles demandas existentes no municipio de cara a confeccionar o documento. O alcalde mantivo unha reunión a pasada semana coas entidades que enviaron suxestións, para informalas daquelas que foron incluídas e daquelas que non.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!