[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Concello de Oleiros abre instalacións administrativas e bibliotecas desde o luns, con cita previa
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Todas as dependencias administrativas do Concello de Oleiros e as bibliotecas estarán abertas a partir do próximo luns 11 de maio. Para a atención presencial, a cidadanía deberá reservar cita previamente por vía telefónica ou mediante correo electrónico.
Para realizar calquera xestión co Concello de Oleiros o teléfono de atención á cidadanía é o 981 610 000. Tamén é posible reservar cita dirixíndose directamente ás distintas áreas a través das seguintes extensións e correos electrónicos: Servizos Sociais e Igualdade (3500 – s.sociais@oleiros.org), Servizos Municipais (4501 – servizos@oleiros.org), Orde Pública (1274-ordenpublico@oleiros.org), Recadación (2807- recadacion@oleiros.org), Intervención (2106 – intervencion@oleiros.org), Tesourería (2107 – tesouraria@oleiros.org), Secretaría (1244 – secretaria@oleiros.org), Contratación (2204- contratacion@oleiros.org), Alcaldía (1213 – alcaldia@oleiros.org), Ensino e Xuventude (4903 – ensino@oleiros.org), Formación e Emprego (4602 – cmf@oleiros.org), Comunicación (1215 – comunicacion@oleiros.org), Obras Públicas (2207 – obraspublicas@oleiros.org), Recursos Humanos (1143 – recursoshumanos@oleiros.org), Cultura (4916 – cultura@oleiros.org), Deportes (4909 – deportes@oleiros.org), Bibliotecas (4701), Novas Tecnoloxías (2301 – informatica@oleiros.org) e Normalización Lingüística (4905 – lingua@oleiros.org).
O Goberno municipal considera necesario avanzar no restablecemento da normalidade, adoptando todas as medidas de protección precisas, para que os veciños e veciñas dispoñan tamén presencialmente de todos os servizos municipais, que o Concello seguiu prestando en todo momento a través de medios telemáticos. As oficinas xerais do Concello xa están abertas desde o pasado 23 de abril tamén con cita previa.
Todas as zonas de atención á cidadanía estarán dotadas de paneis protectores, estableceranse espazos de seguridade con marcas no chan e realizaranse desinfeccións periódicas mediante máquinas de ozono, entre outras medidas de seguridade. O persoal municipal estará equipado de pantallas faciais e mascarillas.
Todos os cidadáns e cidadás teñen á súa disposición as 24 horas a web municipal www.oleiros.org. É posible realizar numerosos trámites sen desprazamento físico, a través da Sede Electrónica para o que é preciso dispoñer dun certificado dixital, DNI electrónico ou un pin de acceso –que se pode solicitar na propia web ou nas oficinas xerais do Concello-.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]