O Concello de Carral segue pagando competencias da Xunta no Centro de Saúde

O goberno de Alternativa dos veciños denunciou a situación, advertindo de que o Concello de Carral deixaría de aboar estes custos ao rematar o ano 2025 e esixindo a reforma e ampliación do centro sanitario.

O Concello de Carral é un dos municipios galegos que segue asumindo gastos de funcionamento e mantementodun Centro de Saúde que é competencia da Xunta de Galicia. Entre estos gastos atopanse a suministración eléctrica, auga, calefacción, servizos de conserxería e limpeza, así como diversas actuacións de conservación imprescindibles ao longo do ano.

Pero o actual grupo de goberno golpista do PP, apoiado polos transfugas de Alternativa, afirma que o Concello seguirá asumindo ditos gastos a través da FEGAMP(Federación Galega de Municipios e Provincias).

O grupo cualifican esta afirmación como un engano para a veciñanza xa que a FEGAMP é o organismo, que xunto co Concello, demandou no seu día que a Xunta de Galicia ten que asumir as súas competencias.

Dende Alternativa dos Veciños critican que “ O alcalde golpista que dicía vir a cambiar as cousas está a loitar maís pola Xunta que polo Concello.”

Comparte esta nova!