outubro

O Concello de Carral reforza a seguridade vial en Paleo

O Concello busca reforzar a seguridade vial en todo o municipio.

Un dos proxectos que xa puxeron en marcha é a mellora de dúas vías en Paleo: a que comunica o centro de Saúde con Agra de Paleo, e por outro lado a que une Grela de Paleo co lugar de Quenllo. A mellora de estas dúas vías realizarase cun orzamento de 50.000 euros.

No camiño que vai desde o Centro de Saúde cara Agra de Paleo, realizarase unha pavimentación firme cunha mestura asfáltica, limpeza de cunetas, colocación dunha quenlla de drenaxe e pintado lateral do vial. No camiño que une Grela de Paleo e Quenllo, ampliarase o ancho do vial, crearase un noiro e cunetas de drenaxe, subministrar e compactar a capa de saburra e rodadura formada por tripla rega asfáltica.

Novas relacionadas