O Concello de Carral perde máis de 300.000 euros en subvencións para Servizos Sociais

A mala xestión do novo goberno municipal provoca unha perda, no último mes, de máis de 300 mil euros en subvencións promovidas dende a Deputación de A Coruña e Xunta de Galicia para oo reforzo das áreas de Servizos Sociais dos Concellos.

Alternativa confirmou que, directamente, non se solicitaron ningunha das subvencións dispoñibles, a pesar de tratarse de convocatorias previsibles e recorrentes no tempo.

Estas subvencións supoñen un apoio esencial para os Servizos Sociais municipais xa que permiten financiar actuacións como:

  • Apoio a familias máis vulnerables.
  • Reforzaode servizos técnicos contra a violencia e desigualdades de xénero.
  • Programas para favorecer o envellecemento activo, combatendo a soidade de persoas maiores.
  • Compra de vehículos destinados a mellorar a atención directa á veciñanza, especialmente nas zonas máis rurais.

Comparte esta nova!