O Concello de Carral incumpre a Lei de contratación de servizos públicos
O Goberno municipal, malia contar cunha maioría absoluta que lle facilita a xestión, está a incumprir a lexislación vixente en materia de contratación de servizos, o que podería ocasionar graves problemas ao Concello.
A Intervención e a Secretaría municipais están a alertar desta situación con constantes reparos á contratación de servizos. O mantemento dos parques e a limpeza viaria está sen contrato desde 2009 e o servizo de axuda a domicilio desde 2008, unhas prácticas totalmente prohibidas por lei.