O Concello de Carral axudará na conciliación de 140 familias durante o verán
Unha das prioridades do Concello é favorecer a conciliación familiar durante este verán para axudar ás familias na vida laboral.
O Concello organizará campamentos de verán desde o 1 de xullo ate o 28 de agosto. Ofértanse 140 prazas para nenos e nenas de 3 a 15 anos, con preferencia ós empadroados. Realizaranse 3 quendas.
Debido á pandemia sanitaria do Covid 19, establecéronse unhas normas hixiénicas e preventivas dentro do esixido polas organizacións sanitarias. Fixaranse quendas nas entradas e saídas dos campamentos para evitar as aglomeracións. Faranse grupos de máximo 10 nenos e nenas. Desinfección de mans antes de entrar no recinto. Os maiores de 6 anos deberán empregar máscara obrigatoriamente se non se poidese asegurar a distancia de seguridade. Ademais este ano os campamentos realizaranse no recinto do CEIP Vicente Otero Valcárcel e no local Interxeracional.