Carral volve abrir a piscina e o ximnasio

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Carral volve abrir a piscina e o ximnasio

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Carral volve abrir a piscina e o ximnasio de cara á nova normalidade. Vaise facer coas medidas de protección marcadas polos organismos sanitarios.

O ximnasio só estará dispoñible para o emprego de máquinas, que serán desinfectadas tras cada uso polo persoal da instalación. Non será necesario solicitar cita previa. Non se levarán a cabo as clases dirixidas nin o acceso ao spa. Para garantir a distancia interpersoal de seguridade separáronse as máquinas, empregando para isto a aula de actividades. Abrirá de luns a venres de 9h a15h e de 16h a 22h, os sábados de 10h a 13h.

A piscina terá un aforo máximo de 75 persoas aínda que na auga só poderán estar 45 de xeito simultáneo. Non se abrirá a piscina infantil xa que o aforo sería só dun neno ou nena. A instalación está dividida en parcelas de 2,5m por 2,5m (de uso individual ou por unidade familiar). Non se solicitará cita previa e o seu horario será de luns a domingo de 12h a 21h.

Estas medidas poderán sufrir cambios en función das recomendacións e directrices marcadas polos organismos sanitarios.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!