A Linea 3 do Plan Concellos da Deputación sempre estivo destinada á activación do emprego mediante a contratación de persoas desempregadas do noso concello e se utilizaba para realizar obras e servizos de interés xeral e social.
Esta oferta de emprego fai a un concello participe na creación de postos de traballo e de dar segundas oportunidades a aquela parte da súa poboación que lle resulta difícil atopalo. Eran contratos de 6 meses a xornada completa o que ademáis lle xeraba prestacións e poder seguir activos no mercado laboral actual. As persoas beneficiarias desta iniciativa eran persoas desempregadas inscritas na Oficina de Emprego de Cangas , que sempre foi a que realiza a preselección de candidatos e posteriormente o Concello se encargaba da selección definitiva.
No periodo de Goberno de Alternativa entre os anos 2021 a 2023 contratase nesta liña de subvención a totalidade de entre 26 -24 veciños e veciñas de Cangas demandantes de emprego. Os postos de traballo a cubrir sempre oscilaron entre albaneis, persoal operario de servizos múltiples, persoal de xardinería, persoal de desbroce, persoal varredor, bedeis e emerxencias, por importes aproximados a cuantía de 321.025,30€.
Reforzando a creación de postos de traballo no periodo da pandemia do Covid creándose un Plan de Emprego complementario a esta liña por importe de 165.000 € e outro de formación por importe de 30.000 €, polo que se incrementou a contratación de persoas demandantes de emprego do noso concello.
Por todo elo, desde Alternativa non podemos xustificar a desaparición da oferta de emprego por parte do Goberno Municipal actual e nunca defenderemos a privatización dos servizos que non repercutan directamente na nosa veciñanza.
Ademais, temos que facer mención que aínda ofrecéndonos para negociar, está claro que non contamos neste Goberno, xa que aínda que solicitamos de forma reiterada a información sobre o Plan Concellos a día de hoxe o goberno municipal nin o compartiu con nós nin, moito menos o negociou con ésta organización, e tras esta actuación, que para nós é moi grave este tipo de políticas contraria as políticas de esquerdas, demostran que non teñen nin un mínimo de sensibilidade social, e que ademáis nos gustaría coñecer a opinión da concelleira de emprego. Xa sin plan de emprego, é preciso concellería?.
De todos os modos, Alternativa ofrecerá unha proposta ao orzamento e ao resto de propostas que se nos fagan chegar en tempo e forma, e reiteramos a nosa desconformidade con esta decisión que toma o goberno municipal de forma unilateral.
No caso de ternos consultado, a nosa proposta sería:
“Continuar, ao igual que os concellos limítrofes, coa contratación de persoal e sendo coñecedoras de que a actual reforma laboral limita a contratación temporal para as administracións, o que si pode realizar o Goberno do Concello de Cangas no seno da Fegamp, e poñer de acordo todos os concellos que a forman para que se solicitase ao Goberno do Estado a eliminación da taxa de reposición, o que permitiría a administración local seguir realizando políticas de potenciación de emprego, que coas taxas de desemprego actuais do Concello de Cangas son imprescindibles.”