O Concello de Cangas asumirá a Aula Matinal mentres non o fai a Xunta

Apoio unánime dos grupos á proposta da Alternativa dos Veciños

O Pleno do Concello de Cangas insta á Conselleria de Educación a garantizar os servizos de comedor e aula matinal en todos os centros educativos públicos, pero que o Concello asuma a xestión deste plan mentres a Xunta non o fai. Foi unha proposta de Alternativa dos Veciños que contou co apoio do resto dos grupos.

O Pleno instou ao Goberno Municipal e a Xunta a garantia de acceso ao servizo ás familias en igualdade de condicións, co maior esforzo no apoio as familias máis vulnerables. Tamén instou a que mentres a Consellería de Educación non se responsabilice da xestión das Aulas Matinais sexa o Concello quen asuma a súa xestión, sustituindo ás ampas nese papel de responsabilidade.

Os Comedores escolares e as Aulas Matinais deberían ser unha opción real dentro dos servizos educativos dos centros galegos de ensino obrigatorio e educación infantil, o que implicaría que a Consellería de Educación os xestionara para todos os centros públicos sin distinción de ningún tipo.

Pero tamén é certo que entre as competencias dos Concellos figura a prestación de servizos públicos que garanticen a igualdade entre homes e mulleres. E ninguén poderá discutir que estes servizos son medidas de promoción da igualdade real das mulleres, dado o seu papel, ainda hoxe, de principais coidadoras, que facilitaría a conciliación da vida laboral, persoal e familiar das mulleres e homes de Cangas.

Pero no noso concello non son todos comedores xestionados pola Xunta, so CEIP San Roque e CEIP Castrillón, mentres que o resto de centros públicos son xestionados polo concello (CEIP Nazaret, CEIP de O Hio, CEIP Espiñeira-Aldán e CEIP A Rúa).

A Aula Matinal é un servizo de apoio ás familias que consiste en ofrecer unha atención educativa a nenos e nenas en idade escolar, á primeira hora da mañá, que a díadehoxe atopase xestionada polas ANPAS en todos os centros educativos públicos de Cangas e atende a un total dunhas 50 crianzas.

Buscamos que ambas institucións, Xunta e Concello, impulsen este tipo de iniciativas educativas, encamiñadas a fomentar a corresponsabilidade e axudar a erradicar a desigualdade nos nosos fogares, e ademáis consideramos que é unha aposta na que o noso concello debe implicarse no contexto social actual, da baixa natalidade.

Comparte esta nova!