O Concello de Cambre pretende acabar cos vertedoiros ilegais pero mantén un nunha parcela municipal

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Cambre pretende acabar cos vertedoiros ilegais pero mantén un nunha parcela municipal

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O vertedoiro situado no terreo municipal xunto ao instituto David Buján, o Polideportivo municipal dos Campóns e a Base de Protección Civil continúa na mesma situación de depósito de vehículos, incluso peor, xa que hai novos refugallos.

Alternativa leva insistindo dende o mes de xaneiro na regularización deste vertedoiro por parte do Concello de Cambre, tras recibir varias queixas veciñais pola posible perigosidade e o fácil acceso a instalación.

A pesar de ter levar meses indagando sobre a legalidade tanto da instalación, como dos vehículos ou dos materiais alí depositados. A Concelleira delegada emprega as evasivas, explicando que se está a tramitar, pero sen confirmar ou non as supostas irregularidades.

Estes días a través de varios medios o Concello de Cambre denuncia a presencia de varios vertedoiros incontrolados no municipio. Ante o cal o alcalde afirma que “aumentará a vixilancia” para evitar estas situacións e confirman que se está levando a cabo unha investigación para atopar as persoas culpables.

-O exemplo debería ser o primeiro paso dende o goberno local. Como se vai a impedir este tipo de atentados ecolóxicos se son o primeiro infractor é o Concello?. Pero aquí, en Cambre, impera a lei de para uns si e para outros non, dependendo da amizade ou o nivel de afagos aos membros do goberno municipal.- Asevera Raúl Varela, Voceiro e Concelleiro da Alternativa de Cambre.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!