bergondo

O Concello de Bergondo saca a contratación diversas obras por máis dun millón de euros

O Concello de Bergondo ten previsto licitar no mes de xaneiro diversas obras dirixidas a mellorar a seguridade vial, o saneamento e os equipamentos públicos. O importe total dos proxectos é de 1.218.314 euros, que se financiarán con fondos propios municipais.

Está previsto a contratación de redutores de velocidade, tipo lombos de asno, e colocación de sinais verticais por 65.359 euros. Outro dos proxectos, de 267.936 euros, consistirá na instalación da rede de pluviais e pavimentación da estrada da praia de Gandarío. Vai renovarse a iluminación pública en O Vilar, entre Guísamo e Guiliade, Corral da Igrexa, Sobre da Igrexa, Pedras Brancas e Bergondiño por 239.286 euros. Procederase á reparación dos cemiterios de Lubre e Bergondo, cun investimento de 107.174 euros. Á mellora de parques e prazas destinaranse 138.691 euros. O proxecto de reparación de beirarrúas e instalacións na AC-161, desde Cruz do Sar a Miodelo, terá un custo de 389.964 euros.

Novas relacionadas