[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Concello de Arteixo deu por finalizas as obras en Santaia de Arriba sen resolver os problemas do Rego da Ranqueira
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo volve denunciar a incapacidade do Goberno Municipal para resolver os problemas de inundacións no lugar de Santaia que proveñen do Rego da Ranqueira. Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia que o Goberno Municipal deu por finalizas as obras que se estaban a executar en Santaia de Arriba en Chamín, sen poñer solución os problemas existentes co Rego da Ranqueira, que no inverno como consecuencia do aumento do caudal provoca inundacións nas vivendas dos veciños do lugar.
“Atendendo á actitude do Goberno Municipal, todo parece indicar que un inverno máis os veciños e veciñas de Santaia terán que seguir sufrindo inundacións nas súas vivendas. En Santaia residen moi poucos veciños e xa todos sabemos cal é a forma de proceder do actual equipo de Goberno, que non lle interesan en absoluto os problemas e necesidades nos lugares onde hai pouca poboación. Este equipo de goberno é máis de facer grandes edificios nas parroquias de maior poboación, que logo na maioría dos casos non se lles dá utilidade e permanecen pechados” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.
“A veciñanza de Santaia esixe que se entube o cauce do rego desde o punto onde se ocasionan as inundacións no inverno como consecuencia do aumento de caudal. Unha obra que non tería máis complicación que instalar 40 metros de tubo e facer un muro de contención nun tramo para asegurar a estrada que está a ceder como consecuencia das inundacións que derivan do rego durante o inverno, pois a incapacidade do Goberno Municipal provoca que esteamos preto doutro inverno e que todo siga sen solucionar” matiza Juanfran Martínez.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]