auga

O Concello de Arteixo comeza a devolver os cartos cobrados de máis nos recibos da auga

Alternativa dos Veciños de Arteixo denunciou o pasado mes o descontrol existente no cobro dos recibos da auga que supoxo un sobre custo dos recibos a centos de veciños e veciñas de Arteixo. Debido a que, tal e como denunciaba Alternativa, o Servizo Municipal de Augas non estaba a realizar as lecturas dos contadores como establece a ordenanza municipal, o Concello está a aceptar as solicitudes de devolución dos cartos cobrados de máis que xa presentaron persoas afectadas.

Todos aqueles veciños e veciñas que teñan que recuperar os cartos que se lle facturaron de máis deben presentar unha reclamación ao Concello. Aquelas persoas que queiran asesorarse sobre este asunto poden dirixirse á oficina que ten Alternativa dos Veciños en Arteixo na Rúa Balneario nº 3, enviar un correo a arteixo@alternativadosvecinos.org ou chamando o 604080109.

Novas relacionadas