O Concello coa comunidade educativa de Carral ou coa Xunta?

O próximo 25 de xuño, ás 20 horas, celebrarase o pleno solicitado por Alternativa para para clarificar o proceso de implantación do Ciclo Formativo de Grao Básico en Mantemento de Vehículos previsto para o vindeiro curso no IES de Carral.

Alternativa tamén se sumará ás 19:30 horas coas familias do alumnado do centro escolar, que teñen convocada unha “cacerolada” diante do Concello en sinal de protesta das actuacións do goberno local e Xunta de Galicia.

A situación desencadenou o claro desacordo tanto das familias como do centro escolar que consideran a imposición desta FP sen diálogo, nin consenso, e sin as garantías de medios humanos, técnicos ou organizativos.

Alternativa reclamará no pleno a falta de transparencia e planificación da implantación da FP por parte do executivo local e a Xunta coa comunidade educativa de Carral, e esixirá explicacións do posicionamento institucional do Concello.

Comparte esta nova!