O Concello avanza na creación do multiusos de Bastiagueiro contratando a obra por 11,5 millóns

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Concello de Oleiros adxudicou a obra de construción do edificio multiusos para actividades deportivas e culturais en Bastiagueiro, nos terreos de propiedade municipal que hai na zona do estadio do INEF e da pista de skate. A obra terá un custo de 11,5 millóns de euros, comezará antes de finalizar o ano e conta cun prazo de execución de 18 meses.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Con este novo recinto o Concello contará cunha versátil instalación pública para a realización de todo tipo de eventos culturais, deportivos, congresos, feiras, festivais, exposicións… Cun aforo máximo de 4.000 persoas, pero con gradas e butacas móbiles para axustarse ás necesidades de cada espectáculo, será unha grande instalación sustentable e harmoniosa para dotar a Oleiros do grande espazo cultural e deportivo que necesita para complementar a ampla oferta actual e potenciar as posibilidades terciarias derivadas da economía turística de espectáculos e congresos.

“Será un novo servizo público para cidadanía, unha demanda que había desde hai xa anos. Este proxecto tería sido realidade moitos anos antes, cun coste moito menor, pero non foi posible porque o PSOE, coa obra xa contratada o impediu, obrigando ao Concello a indemnizar a empresa sen facer a obra”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!