[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Concello de Oleiros amplía o prazo de pagamento das taxas e impostos
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Ante a pandemia do COVID-19, suspéndense ata o 30 de abril de 2020 todos os procedementos tributarios iniciados polo Concello. Durante este período de suspensión, os suxeitos pasivos non están obrigados a realizar ningún trámite ante o Concello.
Os prazos de prescrición e caducidade de calquera acción e dereito quedarán suspendidos durante o prazo e vixencia do estado de alarma, e no seu caso, das prórrogas que se adoptaren. O prazo para contestar requirimentos de achega de documentos de natureza tributaria suspéndese ata o 20 de maio de 2020.
O prazo de pagamento dos tributos xa emitidos (IVTM, Cemiterios municipais, vados e caixeiros) amplíase ata o 1 de xuño. Para poder realizar o pagamento do recibo entre o 1 de maio e o 1 de xuño, sen recarga do 5%, deberá solicitarse un duplicado mediante o envío dun correo electrónico a recadacion@oleiros.org, indicando os datos do titular e a referencia do recibo. Os cidadáns e cidadás con certificado dixital poden descargar un duplicado ou pagalo a través da sede electrónica, na páxina web do Concello.
No caso do IBI urbano e rústico e do IAE o período voluntario de pagamento irá do 15 de setembro ao 30 de novembro. Os recibos domiciliados cargaranse o 2 de novembro.
O Concello de Oleiros tampouco vai cobrar as terrazas e os alugueres municipais daquelas actividades que non se poidan desenvolver polo Estado de Alarma.
“Está é a forma de actuar, e non outras que se fan desde a demagoxia. Unha vez pasemos esta situación aquelas familias con problemas imos atendelas. Faltaba máis… Os que teñan problemas económicos, nós estaremos aquí para axudalos. Analizaremos caso por caso”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.
MÁIS INFORMACIÓN[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]