teatro outono

O Ciclo de Outono obtivo unha alta puntuación do público

O departamento de cultura publicou o informe de avaliación, resultante das enquisas que realizaron os asistentes, onde 6 das 8 funcións encheron o aforo dispoñible.

As enquisas realízanse para valorar o deseño e a execución dos eventos da programación cultural municipal, dentro do proceso de mellora continua que estableceu o servicio de Cultura.

A puntuación media concedida ás obras polo público foi de 4.2 sobre un máximo de 5 puntos, as mulleres son a maior parte dos asistentes e o Facebook e a web municipal foron os medios máis efectivos para dar a coñecer a programación.

Novas relacionadas