O grupo considera que para saber si se está facendo un bo uso das infraestructuras é imprescindible facer unha precisión xurídica previa para determinar se a día de hoxe constan como titularidade municipal ou non.
Este paso previo non é un mero trámite burocrático: é a premisa indispensable. Se os bens xa culminaron a súa reversión formal mediante esa execución forzosa e son propiedade efectiva deste Concello, é inadmisible que terceiros sigan obtendo lucro privado sen relación contractual algunha; pero se existise algunha eiva, pendencia xudicial ou rexistral sobre a súa titularidade, o Pleno ten que coñecelo con exactitude para esixir a regularización inmediata.
Alternativa abstívose na moción presentada dende o BNG discrepando en que o informe decisivo deba partir da intervención municipal, xa que non está claro que sexa o departamento con competencia absoluta para avaliar a situación a fondo.