O cemento segue a conquistar o Temple

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O cemento segue a conquistar o Temple

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Veciños e Veciñas de O Temple están a trasladar a súa desconformidade ante as distintas fases de reordenación do Temple. –A xente está descontenta porque non se pode humanizar a base de cementar- reafirma o Portavoz e Concelleiro, Raúl Varela, de Alternativa dos Veciños de Cambre.

A veciñanza trasladou queixas a este grupo municipal en cada unha das fases, por diferentes motivos, principalmente porque non se resolven os problemas da parroquia, como é a escaseza de aparcadoiros. Concretamente estes días nas rúas Párroco M.Cobas e Paseo Marítimo.

É xa repetitivo en case dous anos cada unha das fases de remodelación deixáronse cousas sen rematar e cuns acabados na execución que deixan bastante que desexar, co descontento da veciñanza que afirma as súas “queixas” non son escoitadas.

O goberno municipal vende humanización, sen espazos para os veciños e veciñas: nin máis verde, nin bancos, nin prioridade peonil,… senón cemento e máis cemento, que fai unha limpeza de cara sen profundizar na mellora do barrio.

A veciñanza pregúntase, onde están as prazas de aparcamento prometidas na Rúa Párroco M.Cobas? Con que obxectivo as beirarrúas instaladas? Deixase accesibilidade para unha ambulancia ou camión de reparto?

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!