O Bono-Taxi está máis perto de poder ser utilizado entre a veciñanza de Bergondo. Grazas ao traballo dos concelleiros da Alternativa dos Veciños, este servizo será implantado próximamente, tal como se anunciará cando o servizo estea operativo.
Iso permitirá -tal e como explicaron os membros de Alternativa durante a pasada campaña electoral- establecer a posibilidade (a prezos asequibles) para que, principalmente a xente maior e que non conduce, poida achegarse a determinados puntos do concello mediante un taxi para realizar certas xestións ou viaxes, como poden ser, por exemplo, ir aos Centros de Saúde ou ao Concello.
A mobilidade é hoxe por hoxe, en nun concello disperso como o noso, unha necesidade de gran importancia, pois son moitas as persoas maiores que non dispoñen de automóbil para os seus desprazamentos e tampouco teñen a posibilidade de que algúns familiares se fagan cargo desa realidade.