O aparcadoiro de Alcalde Domingo Sierra continúa sen executarse

A primeira fase das obras rematou, pero o aparcadoiro previsto no proxecto segue pendente.

Alternativa dos Veciños demandou explicacións sobre este asunto durante o pleno municipal.

O goberno municipal confirmou que a parcela destinada ao estacionamento é propiedade da Xunta de Galicia e que se está a trasferir a súa titularidade ou un acordo de uso. A pesar de que estaba incluído no proxecto municipal.

Coincidindo coa aprobación da segunda fase das obras, Alternativa reclamou que se resolva este trámite para completar esta actuación comprometida coa veciñanza.

Comparte esta nova!