[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O alcalde levanta a acampada de Sol y Mar para atender a seguridade do municipio
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O alcalde de Oleiros e presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, levantou este mediodía a acampada iniciada onte no cruce de Sol y Mar para atender a seguridade do municipio ante o forte temporal que está azoutando o Concello. Antes de desprazarse ata a Casa do Concello, García Seoane presentouse coa furgoneta na Delegación do Goberno para entregar un escrito reclamándolle ao Ministerio de Fomento a contratación da obra de Sol y Mar este ano.
“Marchamos antes do previsto de Sol y Mar porque a miña responsabilidade como alcalde é atender a seguridade do municipio. Estamos a ter problemas moi importantes en moitas partes do Concello de Oleiros, con varias rúas cortadas, dous coches esmagados por árbores e ameaza que pola tarde pode ir a máis. Esta é a razón pola que me vou, non outra. Antes de vir para a Casa do Concello despraceime ata a Delegación do Goberno na Coruña e presentei un escrito para reclamarlle ao Ministerio de Fomento que contrate as obras xa. Agardamos que o fagan antes de que finalice o ano e non se perdan os 4 millóns que hai no orzamento do Estado”, dixo Ángel García Seoane.
ESCRITO PRESENTADO NA DELEGACIÓN DO GOBERNO[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]