[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O alcalde acampa en Sol y Mar para esixir a Fomento as obras viarias da comarca
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O alcalde de Oleiros e presidente de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, instalouse esta mañá no cruce de Sol y Mar para demandar ao Ministerio de Fomento a contratación das obras de mellora das infraestruturas viarias na comarca da Coruña, que leva anos esquecida polo distintos Gobernos de Madrid. No caso concreto de Sol y Mar, onde permanecerá acampado o alcalde, Fomento conta cunha partida de 4 millóns nos orzamentos que esta sen executar e que posibilitaría a inmediata contratación desta obra que, basicamente, consistiría na construción dun túnel e dunha rotonda na superficie.
Os cidadáns da comarca da Coruña padecen colapsos circulatorios de maneira diaria polos deficientes accesos á cidade. Os atascos son constantes e en días determinados chegan prolongarse durante máis de hora e media.
O túnel de Sol y Mar, a ampliación da ponte Pasaxe, a conexión da vía Ártabra coa AP-9 ou a ampliación de Alfonso Molina levan anos paralizados por parte dos diferentes Gobernos centrais do PP e do PSOE. Estas actuacións permitirían mellorar notablemente a mobilidade e potenciar o uso do transporte público na comarca da Coruña. Malia tratarse da area metropolitana máis importante de Galicia, sofre lexislatura tras lexislatura o esquecemento dos partidos que gobernan e dos grupos que estando na oposición non inclúen entre as súas demandas estas cuestións.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]