Parcelaria San Vicente 700x400

O alcalde de Carral interesase pola parcelaria de San Vicente

O rexedor de Carral volve a solicitar información sobre a situación do rexistro das fincas de San Vicente de Vigo.

O pasado 24 de febreiro, Javier Gestal interesado en coñecer a situación real, reuniuse coa xefa de Servizos e Infraestructuras Agrarias para abordar a situación da parcelaria de San Vicente de Vigo .

Segundo os cálculos do organismo, en marzo serán entregadas aos propietarios. O 80% das fincas xa están rexistradas e listas para entregar, pero a intención é completar o 20% restante para facer a entrega.

Novas relacionadas