O Alcalde de Carral demanda ao Sareb unha solución
O Goberno local reuniuse co Sareb para solventar a problemática dos edificios inacabados de Carral.
Nesta reunión, Javier Gestal demandou unha solución para estes proxectos urbanísticos sen rematar que teñen un enorme prexuízo no municipio, na medida que afean o núcleo urbano e poden supoñer, ademais, riscos para as persoas viandantes. Tamén se demandou que se acometera a urbanización exterior e que se crearan beirarrúas, entre outras solicitudes.
O banco comprometeuse a rematar aquelas edificacións que estiveran executadas ao 75% e que estudaría a solicitude do Concello.