O 28 de abril pecha o prazo de matrícula nas escolas de música, danza e teatro

As persoas que se animen poden realizar as solicitudes a través da web municipal ou nos propios centros

En Oleiros, fomentar a cultura desde o concello non consiste únicamente en programar espectáculos ou subvencionar grupos ou entidades. Con ser aspectos moi importantes, aquí tamén hai outra dimensión: as escolas artísticas de música, danza e teatro. Dous auténticos focos de acción cultural de base para que a cidadanía teña ao seu servizo plataformas de aprendizaxe e experiencia que a demáis convirte ás persoas en protagonistas activas da cultura, superando a “categoría” de meros espectadores ou espectadoras.

Neste momento toca abrir o período de matrículas para as escolas de música, danza e teatro, que pecha o próximo 28 de abril. As persoas interesadas poden consultar a información na páxina web do Concello, no apartado de Ensino. Para calquera dúbida ou consulta tamén é posible dirixirse ao correo ensino@oleiros.org ou tamén poderán chamar ao teléfono 981 639 688 do Centro Municipal de Artes Escénicas ou ao 981 639 143 da Escola Municipal de Música. Abriráse un prazo extraordinario coas prazas vacantes.

Comparte esta nova!