Exercer a democracia non se limita a votar cada catro anos. Defender dereitos fundamentais como o de liberdade de expresión, a crítica política ou o dereito á información é, neste momento histórico, imprescindible para fortalecer a democracia.
A ACOM é un lobby sionista cun fortísimo poder económico, político e mediático internacional. Que un xulgado os free e faga prevalecer os dereitos democráticos non é unha vitoria nosa: é un grande triunfo de todas as persoas que loitan pola liberdade, a paz e os dereitos humanos.
Aínda que o foco mediático xa non apunta a Gaza, as armas do Goberno terrorista de Israel si. Asasinatos diarios, nenos mortos de frío e de fame, destrución de infraestruturas… son a realidade diaria de Palestina.
Nunca renunciaremos a dar voz aos silenciados.