Novo “bulo” do goberno de Mouriño

O Alcalde Mouriño está a difundir nos medios de comunicación municipais información falsa sobre a adquisición dunha propiedade do SAREB

Alternativa confirma que a finca do SAREB foi doada ao Concello, como está facendo a nivel nacional en outros Concellos. Mentres o alcalde anunciou a súa compra.

A información completa sobre a iniciativa do SAREB, se pode comprobar no expediente municipal , onde consta toda a documentación que o acredita a doación da propiedade. A pesar disto, o alcalde está a difundir a información de que comprou a propiedade para facer viviendas para a mocidade.

Dende Alternativa son críticos coa situación e cuestionan porque se está a enganar á veciñanza alteranto esta información “Cal é o pretexto? Vendelo como unha “gran xestión municipal” para saír na “foto” e intentar enganar aos veciños e veciñas e facer campaña electoral ?”.

Comparte esta nova!