[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Novas bases das bolsas a deportistas, pero as do ano pasado sen cobrar
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Cambre apoiou a aprobación das bases e convocatoria das bolsas para deportistas de nivel para o ano 2021, manifestando a súa discrepancia porque as do pasado ano aínda están sen cobrar.
Alternativa tamén demandou a estimación de prazos de pagamento para facilitar a xestión por parte dos deportistas, pero o Concelleiro de Deportes non atendeu á demanda, afirmando que se axilizan o máximo posible.
Pero a realidade é que as bolsas do pasado ano aínda non foron pagadas aos deportistas. Situación que se repite tamén en outro tipo de axudas e subvencións locais ao deporte. Quedando en evidencia as promesas do goberno co deporte local.
Esta situación está a acontecer nun momento no que tanto deportistas como clubs precisan de forte apoio, posto que a crise do Covid está a dificultar os patrocinios e diversos medios de financiación cos que contaban previamente.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]