Nova parálise no mantemento do Río Mero

No pleno de hoxe non saíu adiante o convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello de Cambre para a cesión, colaboración e posta en valor das obras de acondicionamento, mantemento e conservación do entorno do río Mero.

Alternativa abstívose pola incerteza e dúbidas contidas na documentación do convenio, pero tamén as poucas garantías para que o Concello de Cambre poidan asumir as competencias baixo o “mando” da Xunta de Galicia.

“Este convenio era un gol da Xunta, que pretendía quitar de enriba unha responsabilidade que non estaba a exercer, nunha actitud que roza o chantaxe. Peró, tamén brindaría unha ferramenta para avanzar nas propostas presentadas por Alternativa no pasado outubro, eso sí desde unha competencia impropia dun Concello.” sinala Raúl Varela, portavoz do grupo.

Alternativa declarou a sua desconformidade coa nefasta xestión do procedemento por parte do goberno local que, durante o pleno, tampouco resolveu as dúbidas dos grupos. Dende Alternativa sinalase que non houbo un traslado transparente das propostas aprobadas por unanimidade noutros plenos, nin se informou claramente sobre a incorporación das mesmas ao proceso de negociación co organismo autonómico.

Comparte esta nova!