Nova instalación deportiva pública en Oleiros, pista de patinaxe de velocidade

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Nova instalación deportiva pública en Oleiros, pista de patinaxe de velocidade

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Esta mañá tivo lugar o acto de inauguración da pista de patinaxe de velocidade do Concello de Oleiros. Esta nova instalación deportiva pública situada en Bastiagueiro permitirá mellorar a práctica e fomento dun deporte no que Oleiros é un referente a nivel internacional.

A pista inaugurada hoxe non só permitirá a realización de adestramentos e formación de novos e novas patinadores, senón que tamén é a única de Galicia que cumpre cos requisitos e características técnicas para a realización de competicións internacionais. A instalación está dotada de iluminación, zona de público, vallas de seguridade e peche.

Ademais de numerosos veciños e veciñas, o acto contou coa presenza practicamente ao completo do SCD Rabadeira, que leva décadas de traballo neste deporte. A súa presidenta, María González, agradeceu publicamente a creación desta nova instalación e o apoio recibido ao longo dos anos por parte do Concello para poder levar adiante a súas actividades.

O alcalde, Ángel García Seoane, lembrou que para crear esta instalación primeiro houbo que agardar a conseguir os terreos, 107.000 metros que eran propiedade da Deputación da Coruña e que foron entregados gratuítamente ao Concello grazas á súa xestión coma deputado. Ademais anunciou a próxima ordenación de todo este gran solo municipal fronte ao INEF a partir do próximo ano coa creación de novas áreas aparcamento, o edificio multiusos con capacidade para 2.000 persoas, a ampliación do skatepark, a creación dunha zona para a práctica do parkour ou a recepción do estadio establecida para o ano 2025.

 [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!