Nostián segue na corda frouxa

Unha reunión de alcaldes e alcaldesas, necesaria para reenfocar o futuro da planta

Resulta dramático o tempo que tanto A Coruña como os concellos da área metropolitana reunidos no Consorcio As Mariñas se están tomando para definir o futuro da planta de tratamento de residuos sólidos de Nostián, que nacera tras o derrubamento do vertedeiro de Bens para ser a xoia verde da cidade, pero quedou no quero e non podo que é na actualidade.

Oleiros segue apostando por unha xestión de Nostián que o manteña como principal referente para o tratamento do lixo en toda a comarca, pois debe ser unha peza clave no sistema de tratamento de lixo en Galicia.

Ángel García Seoane pediu que este importante tema sexa motivo dun cumio de todos os alcaldes e alcaldesas da zona, que sexan quen poñan en conxunto as bases dun futuro común para a cuestionada planta.

Debe ser A Coruña quen aclare as principais cuestións da longa agonía da instalación industrial, que enfronta meses clave para o seu futuro.

Comparte esta nova!