[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
A asemblea de Nós elixe a Belén Taboada, Antonio Molinos e Óscar Brandariz como candidatos para as primarias
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Preto dun cento de veciños e veciñas de Nós participaron na asemblea celebrada na Casa do pobo para escoller ás persoas que representarán á localidade nas eleccións primarias de Alternativa dos Veciños. Belén Taboada Casal, Antonio Molinos Marcote e Óscar Brandariz Santiso foron elixidos por unanimidade polos asistentes á asemblea.
A asemblea desenvolveuse nun ambiente participativo. O secretario xeral de Alternativa dos Veciños, Felipe Louzán, foi o encargado de presentar á asemblea ás persoas que foron escollidas previamente pola comisión de seguimento da localidade destacando a súas cualidades e súa traxectoria.
Pola súa parte, o presidente Ángel García Seoane, destacou a importancia das vindeiras eleccións municipais para consolidar a maioría absoluta en Oleiros e seguir tendo representación na Deputación da Coruña para continuar mellorando e incrementando os servizos e as infraestruturas, tanto no municipio como na comarca. No caso concreto de Nós destacou a posta en funcionamento do novo colexio e as obras de acondicionamento da Finca Tenreiro, que continuarán a partir de mañá mesmo cun novo Obradoiro de Emprego. García Seoane tamén informou que está previsto que nas próximas semanas quede contratado o proxecto para poder realizar un paseo fluvial entre Iñás e Nós.
Durante a súa intervención, Ángel García Seoane tamén tivo palabras de agradecemento para o actual concelleiro de Servizos Sociais e Sanidade, Ignacio Crespo, que actualmente é o representante de Nós no Goberno municipal. García Seoane explicou que aínda que Crespo non formará parte da candidatura seguirá colaborando con Alternativa dos Veciños.
Belén Taboada Casal (1971) é desde a súa xuventude unha persoa estreitamente ligada ao movemento veciñal, formando parte de distintas entidades sociais, deportivas e culturais de Nós. Administrativa e comercial de profesión, é a representante de Nós na executiva de Alternativa dos Veciños.
Antonio Molinos Marcote (1967) é un ex xogador do Deportivo da Coruña que actualmente exerce de delineante. Forma parte do club de fútbol Atlético San Pedro como director deportivo da entidade.
Óscar Brandariz Santiso (1975) é técnico de fontanería e calefacción.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_images_carousel images=”26039,26040,26041,26042,26043,26044,26046,26047,26048″ img_size=”large” autoplay=”yes”][/vc_column][/vc_row]