Achégase o día en que a Alternativa convida a toda a cidadanía a participar na romaría do sábado 13 de xullo na Finca Tenreiro, en San Pedro de Nós. Será, como cada ano unha festa aberta a todas as persoas que o desexen.
Na xoldra, que decorre nun ambiente familiar e simpático, haberá pulpeira, charanga, inchables gratuítos para os nenos e nenas… entre outros atractivos, aínda que o mellor será o bo humor e a cordialidade das veciñas e veciños participantes, como acontece cada ano.
O evento de verán da Alternativa comeza ás 12:00 horas e prolongarase durante todo o día. Haberá mesas e cadeiras para compartir a comida ou comprar directamente alí polbo, churrasco, empanada, bebidas… A Charanga A Santa Compaña poñerá o punto musical a unha xornada de auténtica celebración.