Non hai igualdade nas diferentes prácticas deportivas no Concello de Cambre
Os/As deportistas que fan uso do Skatepark para os seus adestramentos están indignados polo trato dende o Concello de Cambre. A instalación “a medio precintar” impide os seus adestramentos.
Os/as deportistas denuncian non poder adestrar, pero que a instalación deportiva está a ser empregada por familias que xogan á pelota, adolescentes que a usan como punto de encontro…
A situación non é nova, os/as deportistas sofren este panorama dende hai anos. Sumada ao pouco mantemento da instalación, suciedade ou a práctica carencia de promoción das disciplinas deportivas que se practican nela.
O colectivo xa puxo en coñecemento do Concello o tema en varias ocasións, pero a resposta ou procura de solucións é nula por parte dos gobernantes municipais.
Por isto dende Alternativa dos Veciños instamos á tomar medidas que favorezan a igualdade con outros deportes que se practican no Concello. Basta xa de discriminación dos deportes minoritarios.