Noelia Martínez preséntase como candidata para impulsar o cambio político en Arteixo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Noelia Martínez, profesional sanitaria e con formación en administración e finanzas, preséntase ás eleccións municipais para impulsar un cambio político en Arteixo que permita desenvolver unhas políticas públicas nas que, ante todo, prevaleza o interese xeral da cidadanía e o respecto ás leis.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Decenas de veciños e veciñas de Arteixo, o presidente de Alternativa dos Veciños Ángel García Seoane e o alcalde de Carral Javier Gestal, arrouparon esta mañá a Noelia Martínez no acto público de presentación da súa candidatura ao Concello de Arteixo.

“Preséntome como candidata á alcaldía totalmente libre de ataduras. O meu único compromiso é cos veciños e veciñas de Arteixo. Ademais, preséntome contado co apoio de todos os compañeiros e compañeiras que formamos Alternativa en Arteixo e tamén coas forzas e ánimos de moitos veciños  que desexan outro Arteixo moito mellor. Síntome con moita ilusión e con moita forza”, dixo a candidata.

“Pensamos, que o municipio de Arteixo e a súa veciñanza merecen algo moito mellor. Arteixo merece e necesita con urxencia un equipo de goberno honrado, humilde, transparente e preparado. Para ser claros; xusto o contrario do que temos actualmente”, explicou.

Previamente, o representante da executiva Juan Francisco Martínez presentou á candidata e puxo en valor o importante traballo realizado por Alternativa dos Veciños en Arteixo durante os últimos 4 anos, percorrendo todos os núcleos de poboación escoitando aos veciños e atendendo as súas demandas, reclamando constantemente esas necesidades ás diferentes administracións e organismos implicados.

Pola súa parte, o presidente do partido, Ángel García Seoane, eloxiou á candidata, unha persoa íntegra e honrada, capacitada, que leva liderando o partido en Arteixo 4 anos, logrando paralizar numerosas actuacións de dubidosa legalidade, en permanente contacto cos veciños. Arteixo necesita un cambio político profundo, que é posible con Alternativa dos Veciños.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!