Os nenos e as nenas de Oleiros teñen dereito a usar os parques públicos e as praias, pero non as zonas de xogos infantís

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Os nenos e as nenas de Oleiros teñen dereito a usar os parques públicos e as praias, pero non as zonas de xogos infantís

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A partir do domingo, todos os nenos e nenas menores de 14 anos teñen dereito a saír unha hora dos seus domicilios. Aínda que non está permitido acceder ás zonas de xogos infantís, si é posible pasear, xogar e correr polos parques públicos e as praias.

“Os nenos e nenas de Oleiros teñen dereito a saír unha hora diaria a partir do domingo, acompañados do seu pai ou da súa nai, sen condicións de pares, impares, lado esquerdo ou lado dereito. Os pequenos e pequenas son moi intelixentes e seguro que respectan todas as normas estipuladas”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

O horario establecido para as saídas á vía pública dos menores de 14 anos é de 9.00 a 21.00 horas, sempre en compañía dunha persoa maior de idade responsable. Está permitido sacar xoguetes, facer exercicio, xogar, correr… sempre mantendo as distancias de seguridade. Non poden saír do seu fogar as persoas con posibles síntomas de coronavirus.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!