Necesario un maior seguemento das festas parroquiais

Alternativa durante a Xunta de Goberno local volveu a destacar a importancia da supervisións das diferentes festas e eventos que se celebran nas diferentes parroquias e espazos públicos.

O grupo achegou queixas recibidas por parte da veciñanza polo estado de mantemento de diferentes zonas os días posteriores á diferentes celebracións.

É compentecia do Concello o control e xestión dos diferentes eventos que se autorizan no termo municipal, asesorando e facilitando as tarefas das entidades organizadoras, pero tamén realizando seguimento dende a fase de preparación, durante o transcurso do evento e ata a correcta restauración dos espazos tras a súa conclusión.

Comparte esta nova!