[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Mozos e mozas que empregan o Skatepark protestan polo abandono municipal da instalación
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O colectivo de mozos e mozas que empregan o Skatepark quéixanse do lamentable estado do que foi unha das infraestruturas para a práctica de deportes urbanos máis destacada de Galicia.
Reivindican o “nulo” mantemento de gretas, fisuras, fochas, limpeza de desaugues, pintadas, etc.
Tamén se queixan que o adestramento dos deportistas se fai inviable porque son moitas as persoas que fan uso da instalación a modo de parque infantil, resultando perigoso. Polo que xa pediron no seu día carteis coas normas e usos adecuados da instalación e a continuación do enreixado da instalación.
Unha infraestrutura que fixo achegarse á deportistas e xuventude de toda Galicia ao municipio cambrés, pero que actualmente atopase nun estado de deixadez total facendo que Cambre xa non sexa un referente para os/as deportistas destas disciplinas, e os propios/as do concello marchen a outros municipios a adestrar.
Alternativa da voz a este colectivo, que leva meses sen recibir solucións ás súas queixas, e esixirá medidas para a mellora da infraestrutura.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]