O grupo tamén solicitou que, en cumprimento da ordenanza vixente, se actualicen as concesións anuais dos locais, xa que levan anos sen facerse, cando a normativa incide que a revisión debe realizarse cada ano. Esta medida permitirá coñecer a situación actual e uso real das instalacións para a elaboración da nova ordenanza.
Alternativa decidiu avanzar con estas iniciativas tras catro meses sen noticias da proposta aprobada por unanimidade dos grupos en sesión plenaria, nal que se acordou a posta en marcha un servizo que permita a veciñanza empregar espazos municipais e celebrar as súas actividades, reunións familiares, aniversarios, etc.
Dende Alternativa matizan que este servizo da resposta a unha demanda veciñal, e permitirá abrir novos modelos de participación entre o tecido social, facendo que os locais sociais municipais sirvan como motores da vida comunitaria, mais aló do asociacionismo. Ademais consideran que suporía unha mellor optimización dos recursos e unha maior democratización das instalacións públicas.