Morre Alonso Montero, un dos grandes

A súa relación con Oleiros foi dilatada e cercana, sempre chea de vontade por contribuir coa súa clarividencia e brillantez

Moitas veces acostumamos a chamar “Bó e Xeneroso”, no mellor sentido da expresión recollida no noso himno, a persoas que significaron algo na historia do noso país. Por fortuna, case sempre está xustificado porque son multitude. Pero se houbo unha persoa boa e xenerosa neste país é o home que acaba de deixarnos.

Porque ademáis de ser un gran referente cultural e político de Galicia, presidente da Real Academia Galega, escritor e intelectual de primeira liña, foi tamén un destacado militante antifranquista e sempre puxo un punto crítico á situación de empobrecemento político que durante tanto tempo sufreu o noso país.

A súa relación con Oleiros foi dilatada e cercana, sempre chea de vontade por contribuir coa súa clarividencia e brillantez. Moitas persoas aínda lembran a última vez que veu aquí, en xaneiro de 2019, cando se encheu o auditorio da Fábrica para escoitar unha “brillante lección de cultura, política, ensino e historia” deste insigne escritor, tal como recolle unha nota pública do Concello.

Tamén lembran o episodio de febreiro do pasado ano, cando o Concello manifestou públicamente a súa admiración e defendeu a súa intachable traxectoria ante algúns intentos de menoscabar a súa figura no Concello de Lugo.

Xesús Alonso Montero, que morrreu con 97 anos, foi un cidadán ilustre e unha persoa íntegra. Un loitador pola democracia desde a súa militancia no Partido Comunista e unha mente brillante, cun discurso político xenuino e esclarecedor.

Comparte esta nova!