Monte Costa e Garrocha volve ao pleno

Alternativa dos Veciños no mes de xuño solicitou ao goberno municipal a cesión formal ante a Deputación da Coruña, para deixar sen efecto calquera solicitude de reversión do Monte Costa e Garrocha. Demanda que reiterou no pleno de onte o PP cunha moción.

O voto favorable de Alternativa que recalcou a opacidade e o incumprimento dos compromisos acadados en xuño polo goberno municipal .

O grupo foi crítico coa inacción e falta de claridade do executivo local. Posto que en catro meses non facilitaron os informes de Secretaría aos grupos da oposición, nin autorizaron o acceso ao expediente íntegro nin a ningún estudo de viabilidade.

O executivo local non fixo intervencións no debate, pero, sorpresivamente, tamén se posicionou a favor da proposta.

“É importante este consenso, pero abre moitas dúbidas sobre a situación e xestión que se está a facer do expediente. Hai unha incoherencia entre a votación de onte e as últimas novas en prensa. É preciso que se axilicen os informes pertinentes antes de tomar decisións que poidan ir en contra do beneficio de Culleredo” sinalan dende Alternativa.

Comparte esta nova!