Moción para a revalorización da parroquia de Sésamo

Alternativa critica que o lamentable abandono ao que está sometido o patrimonio de Sésamo. É algo que se pode ver nas instalacións deportivas, na contorna da Capela de San Cosme e tamén no gran deterioro dalgunhas das estradas de acceso á parroquia.

Tras demandar información na anterior sesión plenaria sobre o terrible estado de abandono de diversas áreas de Sésamo, levarase a debate no próximo pleno unha moción na que se demandan principalmente tres puntos: conservación da contorna da Capela de San Cosme, mellora na sinalización dos accesos e limpeza da maleza das instalacións deportivas, e a reparación do acceso pola Travesía das Nabeiras.

“Queremos impulsar unha renovación principalmente destas dúas áreas, que son un servizo para a veciñanza da parroquia, pero tamén grandes espazos de lecer para aqueles que viven nas zonas máis urbanas”, sinala Thais Palla.

Comparte esta nova!